Páxina de servizos de
Inicio Procedemento de novas contratacións

Procedementos de contratación e cancelación

 

Procedemento a seguir para a contratación de novos recursos electrónicos do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia:

  1. As peticións* dos mestres/usuarios canalízanse a través dos mecanismos establecidos por cada Universidade para a adquisición de recursos electrónicos.
  2. A Comisión de Bibliotecas de cada Universidade elabora unha proposta formal de novas adquisicións.
  3. Esta proposta formal da Comisión de Bibliotecas de cada Universidade é presentada polo Director da Biblioteca Universitaria na Comisión Técnica do Consorcio.
  4. Esta proposta é enviada ó Consello de Goberno do Consorcio para a súa aprobación.

* O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia non considerará as peticións de novas contratacións que se fagan a nivel individual.

procedementonovascontratacions

 

Procedemento a seguir para a cancelación de recursos electrónicos do Consorcio de bibliotecas Universitarias de Galicia:

  1. A petición do Consello de Goberno do Consorcio, a Comisión Técnica realiza periodicamente un estudio avaliativo* da colección dos recursos electrónicos dispoñibles dende o Consorcio, co fin de optimizar as contratacións realizadas. Como conclusión desta análise, a Comisión Técnica realiza un borrador das posibles cancelacións para o seguinte ano.
  2. Esta borrador de posibles cancelacións é presentado ante a Comisión de Bibliotecas de cada Universidade que elabora unha proposta formal que é presentada polo Director da Biblioteca Universitaria na Comisión Técnica do Consorcio.
  3. A Comisión Técnica do Consorcio estuda as peticións de cada Universidade e realiza una proposta única baseada no interese común das tres Universidades.
  4. Esta proposta é enviada ó Consello de Goberno do Consorcio para a súa aprobación.

* O estudo avaliativo se realiza en función de:

  1. Os usuarios potenciais dos diferentes recursos electrónicos contratados.
  2. As estatísticas de uso dos recursos dispoñibles.
  3. A relación PVP/consulta.

procedementocancelacions

 


Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia