Páxina de servizos de
Inicio Refworks

Refworks

  • Preguntas frecuentes : FAQs

 

NOVIDADE : RefWorks ven de lanzar a funcionalidade RefMobile

Esta permite facer uso de RefWorks dende un dispositivo móvil (iPhone, etc) con conexión a Internet. Os usuarios poderán ver as súas referencias, xestionar as súas carpetas ou engadir información no campo Notas.

Pon a URL http://refworks.com/mobile no navegador do teu dispositivo movil e poderás acceder á túa conta se introduces o Código de Grupo, nome de usuario e contrasinal.

Podes ver algunhas capturas de pantalla aquí .  

 

Refworks é o xestor de referencias bibliográficas adquirido polas tres universidades galegas en colaboración co Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.

 

Os xestores de referencias bibliográficas coma Refworks, son programas que permiten ós usuarios, a través dunha subscrición institucional, abrir unha ou mais contas para xestionar a súa bibliografía.

 

RefWorks é o medio ideal para almacenar unha base de datos persoal de investigación, intercambiar investigacións con colegas e descargar bibliografías en diferentes formatos de acordo ás esixencias das diferentes publicacións. Ademais de proporcionar mecanismos de investigación, ao profesorado tamén lles permite proporcionar acceso de só lectura ás bibliografías relacionadas cun curso.

 

O programa de administración bibliográfica Refworks permite:

 

  • Crear unha base de datos persoal en liña. Pode almacenar unha cantidade ilimitada de rexistros con acceso dende calquera ordenador conectada á Internet. Non require descargar nin instalar ningún software, e as actualizacións son automáticas.
  • Importar referencias bibliográficas automaticamente a partires de diferentes bases de datos, catálogos de bibliotecas e provedores como EBSCO, Wilson, ProQuest, ScienceDirect, ISI, OVID, Elsevier etc. A listaxe completa pódese consultar en: Ver listaxe de recursos
  • Organizar referencias bibliográficas. Pode clasificar e arquivar referencias de arquivo fácil e rapidamente usando carpetas, pode duplicar índices de busca e autor, palabra clave e publicacións periódicas.
  • Formatear bibliografías e documentos en segundos. Elaborar listados bibliográficos, dándolles o formato adecuado de maneira automática para incorporar a calquera documento de traballo. Dispón de numerosos formatos (Vancouver, MLA, APA, Chicago, etc) e se pode cambiar de un a outro con un simple clic do rato.

 

Esta subscrición complétase coa opción RefShare, que se engade ó módulo de RefWorks e que permite compartir bases de datos de RefWorks de diferentes institucións, poñendo a disposición doutros usuarios da Universidade ou doutras institucións, as carpetas que decida compartir, nas condicións de acceso que defina (lectura,impresión, importación...) e permitindo deste xeito a realización de proxectos compartidos.

 

Para facilitar o traballo podemos empregar Write-N-Cite, un plug-in para Microsoft Word que lle permitirá crear a bibliografía do seu traballo engadindo referencias bibliográficas directamente dende Refworks cun so clic.

 

Tamén podemos empregar RefGrab-It un script que, dende o seu navegador (Internet Explorer ou Firefox), capturará información bibliográfica dende as páxinas web que nas que se atopen ISBNs, Pubmed-ID ou DOI, e as gravará directamente na súa conta de Refworks.


Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia