Páxina de servizos de
Inicio

Google Scholar

 

¿Qué é Google Scholar?

Google Scholar permite buscar artigos e literatura científica de múltiples disciplinas e fontes dende un único punto. Comprende artigos, teses, libros, resumos e opinións de editoriais académicas, sociedades profesionais, repositorios institucionais, universidades e outros sitios web.

 

¿Cómo sei a qué artigos teño acceso dende BUGalicia?

BUGalicia e as bibliotecas do SUG participan do servizo de enlazado ó texto completo permitindo un acceso rápido dende os resultados de Google Scholar e o xestor de referencias electrónicas SFX. 

 

¿Cómo o configuro para ver os fondos da miña Universidade?

Se accedes dende fora do campus (dentro xa se fai o vinculo por enderezo IP) deberás entrar na opción "Configuración" > "Enlaces a Bibliotecas" e buscar e seleccionar a túa.

Para ver os recursos comúns subscritos pola túa institución podes probar con:

  • BUDC      para a Biblioteca da Universidade da Coruña
  • BUSC      para a Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela
  • BUVI      para a Biblioteca da Universidade de Vigo 
  • BUGalicia para o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia

 

¿Cómo buscar?

Entra en Google Scholar (tamén coñecido como Google Académico) ou busca directamente dende este formulario:

 

 

Google Scholar 

 

 

 


Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia