BX Hot-Articles
Descargar aplicación para :
BX Hot-Articles é un servizo gratuíto que achega aos nosos móbiles o TOP-TEN dos artigos académicos nas áreas de ciencia, empresa, dereito, medicina, enfermaría, psicoloxía, ciencias sociais e todos os campos académicos máis relevantes.
O seu algoritmo de relevancia baséase no cruce de información sobre as tendencias de uso de múltiples institucións e millóns de investigadores ao redor do mundo.
BX Hot-Articles axuda a permanecer ao corrente dos avances que se producen en cada campo de investigación e facilitará a exploración científica permitindo:
- Ver que artigos académicos foron máis populares entre os investigadores de cada campo nas últimas semanas.
- Canalizar cara ao texto completo en formato electrónico e aproveitar mellor a subscrición de cada institución.
- Enviar a referencia dos artigos por correo electrónico.
- Recibir unha notificación cada vez que a lista actualízase.
Pódese consultar BX Hot-Articles dende esta páxina, dende a web de Pórtico ou dende o seu teléfono móbil:
O proceso para instalar a aplicación no móbil é o seguinte (segundo sexa un terminal con sistema operativo Android ou iOS):
1. Acceder ao Android Market e buscar a aplicación "bX Hot Articles by Ex Libris" ou a través da URL: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.quickode.exlibris&feature=search_result
En caso de que dispoña dun iPhone ou outro dispositivo baseado en iOS debemos buscar a aplicación "bX Hot Articles by Ex Libris" en iTunes ou a través da URL: http://itunes.apple.com/app/bx-hot-articles-by-ex-libris/id513923090?mt=8
2. Ao abrir a aplicación por primeira vez deberemos seleccionar a institución do SUG á que pertencemos:
- Universidade da Coruña
- Universidade de Santiago de Compostela
- Universidade de Vigo
3. Acceder a Categories e escoller a materia que nos interese e navegar polos artigos recomendados:
4. Podemos comprobar se a nosa institución dispón de acceso aos artigos que consideremos interesantes picando sobre eles:
5. Coas opcións dispoñibles na barra superior poderemos enviar a información por correo electrónico, marcar este artigo como "favorito" pulsando sobre a estrela, ou picar no artigo para consultar o seu texto completo:
6. En calquera momento poderemos ver os artigos que fumos seleccionando no menú Favorites :
7. Se o precisamos podemos volver á configuración a través da opción Settings.
Finalmente o aspecto da aplicación, consultada dende o móbil, será similar a este:
Para ampliar información pode consultar directamente a páxina de descargas da aplicación de ExLibris: http://www.exlibrisgroup.com/category/HotArticlesMobileApps