Google Académico / Google Scholar
¿Qué é Google Académico (Google Scholar)?
Google Académico permite buscar artigos e literatura científica de múltiples disciplinas e fontes dende un único punto. Comprende artigos, teses, libros, resumos e opinións de editoriais académicas, sociedades profesionais, repositorios institucionais, universidades e outros sitios web.
¿Cómo sei a qué artigos teño acceso dende BUGalicia?
BUGalicia e as bibliotecas do SUG participan do servizo de enlazado ó texto completo permitindo un acceso rápido dende os resultados de Google Académico (Google Scholar) e os recursos electrónicos dispoñibles a través da ferramenta de descubrimento (Primo) dos seus catálogos.
¿Cómo o configuro para ver os fondos da miña Universidade?
Se accedes dende fora do campus (dentro xa se fai o vinculo por enderezo IP) deberás entrar na opción "Configuración" > "Enlaces de Bibliotecas" e buscar e seleccionar a túa.
Para ver os recursos consorciados e os propios subscritos pola túa institución podes probar con:
- Crunia para a Biblioteca da Universidade da Coruña
- Iacobus para a Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela
- Perseo para a Biblioteca da Universidade de Vigo
¿Cómo buscar?
Entra en Google Académico (tamén coñecido como Google Scholar) ou busca directamente dende este formulario: